Ir ao contido
Observatorio da Raia

Metodoloxía

Semáforos relativos, non absolutos

Ningún indicador se valora contra unha meta arbitraria. Cada concello mídese por posición —onde está respecto da media galega e respecto dos 52 concellos dos mesmos xeodestinos que a Verea non toca— e por tendencia. Un concello pode estar mal posicionado e mellorando; un semáforo dunha soa dimensión agocha ese caso.

Cobertura antes de veredicto

Non se emite valoración agregada dun eixe ata ter medido polo menos o 60 % dos seus indicadores. Hoxe só o cumpre A Raia Viva. Os outros tres amósanse en gris coa súa cobertura real á vista.

O cor non codifica valor

Cada eixe ten o seu cor de identidade. O mapa usa unha escala secuencial dun só ton, e a posición relativa unha escala diverxente con gris no centro. Se o vermello do semáforo e o bordeus de Tesouros fosen o mesmo vermello, este sitio mentiría.

O que estes datos non din