Instituto Galego de Intelixencia Territorial
O estado da raia da Verea
A Verea é o Camiño do Interior de Galicia: unha ruta que percorre a raia — os concellos que fan fronteira con Portugal, con Castela e con Asturias — desde a Ponte da Amizade ata Ribadeo.
Este observatorio fixa a liña de partida de 40 concellos antes de que a ruta actúe sobre eles. É a condición para poder falar de contribución no futuro.
O Anel · quilómetro cero
A infraestrutura, o día que empeza
Rexistrado o 2026-07-24. O trazado defínese e vai medrando; o que non se volve tomar é o cero operativo: o día que un concello sinalice cen metros, ese cero xa non se pode rexistrar con honestidade.
- Km de trazado definido
- 33,4km · por validar en campo
- Km transitables a pé
- por medir
- Km sinalizados
- 0km
- Conexións operativas
- 0
- Tramo continuo máis longo
- 33,4km · por validar en campo
Os catro eixes
Un eixe só se valora con polo menos o 60 % dos seus indicadores medidos. Tres están en gris: é información honesta, non un oco.
EX1
A Raia Viva
...fixar poboación, xerar oportunidades
8 de 8 indicadores· con lecturaEX2
Territorio Coidado
...faixa viva de xestión e protección do territorio
2 de 5 indicadores· sen veredictoEX3
Tesouros Activados
...pon en valor o patrimonio... abre os tesouros serenos do interior
4 de 4 indicadores· con lecturaEX4
A Raia Visible
...facendo da fronteira un lugar de encontro; a raia non é periferia
0 de 4 indicadores· sen veredicto